Mostrando entradas con la etiqueta Saída. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saída. Mostrar todas las entradas

VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

Os nenos e nenas de 5 anos, achegámonos a un dos museos de Lugo para  realizar a actividade "ANIMALANDIA". A través dun percorrido fomos á procura dos animais que se agochaban nalgunhas das obras expostas no museo.










Tamén visitamos o patio exterior






Ao rematar a actividade, fixemos un pequeno descanso e logo paseamos polas rúas cercanas ao museo.






O OUTONO NOS SENTIDOS

Aproveitando que estamos traballando o outono na aula de 5 anos e para poñer en práctica o aprendido, fixemos unha excursión, xunto cos nosos compañeiros de 4 anos, polo paseo do Miño. A finalidade era, coñecer un pouquiño máis a nosa contorna, valorala, non só como espazo ambiental senón tamén, como espazo de aprendizaxe e de lecer. Alí, coa axuda de monitoras, exploramos a natureza a través dos sentidos.







Os nenos e nenas foron rotando por cada un dos espazos destinados a traballar cada sentido e así experimentaron: cores, olores, sabores, texturas...propias da nosa contorna no outono.

















Debuxaron en pedras, follas e incluso fixeron composicións con diferentes materiais recollidos. De este xeito, fomentamos a imaxinación e a aprendizaxe a través do xogo.











Aprendemos e divertímonos moito!!!