REMATOU O CURSO

 Para mín foi un pracer compartir estos 3 cursos cos vosos fillos e con vós. Comezan unha nova etapa e vounos votar moito de menos pero SEMPRE ESTARÁN NO MEU CORAZÓN.

MOITAS GRAZAS POR TODO!

BO VERÁN!

FESTA FIN CURSO

 Para rematar o curso a ANPA do colexio organizou unha festa con hinchables, música, xogos, comida...na que os nenos/as o pasaron moi ben. 

MOITAS GRAZAS OS MEMBROS  DA ANPA!





















EXCURSIÓN A CARBALLOLANDIA


Os nenos/as de 5 anos xunto cos nosos compañeiros de 1º de educación  primaria fomos de viaxe a Carballolandia. É  un proxecto de educación ambiental que nace da idea de crear un entorno para render homenaxe ao carballo. Alí tivemos a oportunidade de coñecer a ANXO MOURE , unha persona moi vinculada á natureza, creador deste parque-bosque no que vive o carballo máis antigo de Galicia.

Desfrutamos de moitas actividades ao aire libre en contacto coa natureza como: subir a unha casa nunha árbore e escoitar un conto; coñecemos Carballolandia e ao poeta PACO LEDO, que recitou varios poemas á beira do río; contamos historias nun cine e vimos videos; lemos contos nunha biblioteca ao aire libre; xogamos moito.... PASÁMOLO EN GRANDE!

Aquí deixo unha mostra do moito que disfrutamos .





























Despois de tanto aprender, xogar...fomos xantar para repoñer forzas.







E seguimos disfrutando da tarde













MOITAS GRAZAS POR TODO, ANXO MOURE!