VISITA AO GADIS

 Os nenos/as de 5 anos visitaron un dos supermercados máis próximos ao centro, o supermercado Gadis, que promove o programa "ALIMENTES" para fomentar a alimentación saudable, a actividade física e o consumo responsable dende a infancia. Alí, unha guía explicounos a pirámide alimenticia, a importancia dunha boa alimentación para a nosa saúde. Despois percorremos as diferentes seccións do supermercado, nas que observamos os diferentes productos e coñecemos as súas características.



















Agasalláronnos cunha mochila que tiña dentro alimentos ricos e saudables.

MOITAS GRAZAS!