FESTA FIN DE CURSO

Para rematar o curso, fixemos unha festa no patio do colexio. Tódolos nenos e nenas de educación infantil: comemos, xogamos con globos, cantamos, bailamos...¡DIVERTÍMONOS MOITO!






  
¡BO VERÁN A TODOS/AS!   ¡MOITOS BICOS!

EXCURSIÓN Á PRAIA DE CABANAS

Foi un dia de convivencia moi interesante e divertido. ¡PASÁMOLO MOI BEN!



















CONCERTO DIDÁCTICO E MAXIA

Tódolos nenos  e mestres do cole fomos ao auditorio Gustavo Freire para asistir a este concerto. Os nenos de 5 anos  foron acompañados polos nenos/as de 4º de primaria, o que resultou ser unha experiencia moi positiva e interesante.










OBRADOIRO DE RECICLAXE

Foi unha actividade moi amena na que participaron os nenos /as. Ademais de pasalo ben, aprenderon cousas novas sobre a reciclaxe e lembraron outras que xa sabían.










3ª FESTA DE ANIVERSARIOS NA AULA DE 5 ANOS

Helena, Aurelio, Ángela, Jeray, Enma, Ana, Brayan e Aynara celebraron os seus cumpreanos na aula con tódolos compañeiros e compañeiras . Convidáronnos a tarta, aperitivos...e  houbo agasallos para todos. ¡MOITAS GRAZAS!







¡PARABÉNS A TODOS/AS!

VISITA DUN CONTACONTOS

Os nenos e nenas de 5 anos, xunto cos nosos compañeiros de 3 e 4 anos, asistimos a unha representación do conto: "o cociñeiro Martiño".  Participaron na representación e pasárono xenial.