ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO EN EI 4 ANOS

Ao longo do mes de xuño realizamos moitas actividades, imos comentar e ver fotos dalgunhas delas.

- CELEBRAMOS A TERCEIRA FESTA DE ANIVERSARIOS :

Alexandra , Alberto, Lara, Víctor, Mercedes, Diego, Naima, Brais e Alejandro cumpliron anos ao longo do trimestre e quixeron celebralo no cole convidando aos seus compañeiros e compañeiras.

                                       












                                            ¡¡¡¡¡MOITAS FELICIDADES A TOD@S !!!!!

- OBRADOIRO DE RECICLAXE :

Realizamos un obradoiro sobre a reciclaxe donde o pasaron xenial  recordando o que sabían e aprendendo cousas novas.








- OBRADOIRO SOBRE  A PATACA :

Con Noelia ,unha alumna en prácticas,  aprenderon os distintos tipos de patacas e a problemática actual para a súa  plantación .Para rematar foron en grupiños a plantar patacas ao horto escolar.















- CONCERTO DIDÁCTICO E MAXIA :

 Coa colaboración dos nenos de 5º curso de primaria desplazámonos ao auditorio Gustavo Freire para asistir a un concerto didáctico e ao mesmo tempo ver un espectáculo de maxia.Disfrutaron, aprenderon e pasárono xenial.





- SAÍDA Á PRAIA :

O venres día 16 de xuño fomos á praia de Cabanas , alí xogamos, comemos, bañámonos ... e pasámolo xenial.














- E ... chegou o momento da DESPEDIDA :









                             ¡¡¡¡¡ MOITAS GRAZAS E MOITOS BICOS PARA TOD@S !!!!!

                                                                 ¡¡¡ BO VERÁN !!!




ACTIVIDADES DE MES DE MAIO EN EI 4 ANOS

1.- Os nen@s de 4 anos comezaron o mes de maio ilusionados preparando un agasallo para a súa "mami".
 Para realizar esta manualidade recortaron ,pintaron e escribiron unha dedicatoria.










       

                    ¡¡¡ PARABÉNS A TODAS !!! Agardo que vos gustase. Bicos


2.-  Tamén tivemos a visita dun contacontos. Neste caso a actividade realizámola cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos. Unha visita moi agradable que nos fixo rir e disfrutar co "Cociñeiro Martiño"





3.- Na clase falamos dunha festa celta que conmemoraba a chegada da primavera,OS MAIOS.
E para que quedase un recordo completo , as mestras de infantil preparamos un maio que decoramos entre todos nós e algúns nenos e nenas de primaria.
Na clase de 4 anos pintamos uns aros de diferentes cores e aprendemos unha breve cantiga dos maios que recitamos no horto escolar con motivo da semana  das Letras Galegas e das festas de San Cidre que se celebran  no noso barrio.