SAÍDAS, FESTAS E DIVERSAS ACTIVIDADES NA AULA DE EI 5 ANOS

Os nenos e nenas de 5 anos durante este último trimestre  realizaron moitas e variadas actividades que disfrutaron na compañía da súa titora e nalgúns casos tamén dos seus compañeiros e compañeiras de 3 e 4 anos.

1.- VIAXE EN TREN A MONFORTE DE LEMOS

 O día 18 de maio tiveron que madrugar un chisco máis do habitual pois tiñan que estar na estación do ferrocarril de Lugo ás 8.15 h pero eso non foi impedimento para chegar ilusionados e con moitas ganas de viaxar en tren e de visitar o MUSEO DO FERROCARRIL.




























 2.- VISITA AO SUPERMERCADO GADIS

Nesta visita, a un supermercado da zona, tiveron a oportunidade de  recordar os alimentos da pirámide alimentaria de consumo diario, de consumo frecuente e de consumo ocasional así como a diferenciar o pescado azul do blanco, o nome de froitas exóticas e moitas outras cousas coas que se divertiron e disfrutaron da visita.











3.-TERCEIRA FESTA DE ANIVERSARIOS

Xa está a piques de rematar o curso e tiñamos que celebrar os aniversarios dos nosos compañeiros e compañeiras que cumplen neste trimestre e no verán.
BRAIS, MERCEDES, NOA, DIEGO, STEVEN, ALBERTO , LARA E ABRIL convidáromnos a todos e disfrutamos cantando, bailando e comendo.
Como en todas as festas de aniversarios que celebramos ao longo do curso os nenos e nenas que cumplen recibiron un agasallo realizado polos seus compañeiros e compañeiras.
       























                                                       ¡¡¡ PARABÉNS  A TOD@S !!!


4.- CONCERTO DE MÚSICA GALEGA

O venres, día 8 de xuño, disfrutamos dun pequeno concerto de música no que escoitamos e aprendemos o nome de bailes,  cancións e instrumentos típicos de Galiza.









                                          
    


                                                  ¡¡¡ PASÁMOLO XENIAL !!!