CHEGOU O SAMAÍN Á AULA DE 3 ANOS

A parte de aprender cancións, xogar o truco-trato, ver videos e falar un pouquiño desta festa, fixemos un taller de manualidades cos nenos e nenas de 6º de primaria e co profe Juan (o noso profe de música). Divertímonos moito facendo con eles unhas pantasmas. Dividimos a clase en dous grupos, un traballou co profe Juan e algúns nenos de 6º e o outro grupo fixeron as pantasmas coa profe Ana e con nenos de 6º. Os nenos e nenas de 3 anos fixeron boliñas de algodón , pintaron os ollos, a boca...

¡PASÁRONO XENIAL!


































Foi unha experiencia moi positiva tanto para os nenos maiores como para os mais pequenos.


CELEBRANDO O SAN FROILÁN NA AULA DE 3 ANOS

Para festexar esta festa da nosa cidade, pintamos un polbo. Disfrutaron moito pintando co pincel a testa.






Quedaron moi simpáticos!







ADAPTÁNDONOS Á NOVA AVENTURA

Os nenos e nenas de 3 anos adaptáronse ben á nova situación e o novo entorno.
Mediante xogos, coñeceron aos compañeiros. Visitaron as instalacións do centro, exploraron a súa clase, pintaron, miraron e escoitaron contos, xogaron nos recunchos, no patio, viron as súas pelis preferidas, aprenderon algunhas cancións: para saudar, os dias da semana, para facer a fila, recoller os xoguetes, para lavar as mans....






















Como podedes ver, pasámolo moi ben!