DIXITALIZACIÓN EN INFANTIL

 O mércores , da semana pasada, tivemos unha sorpresa na aula...chegaron unhas pizarras interactivas novas coas que aprenderemos moito xogando nelas : faremos xogos interactivos, traballaremos nos libros dixitáis, pintaremos, escoitaremos contos, cancións...pasarémolo moi moi ben e, o mesmo tempo, aprenderemos moitas cousas.




Estas novas pantallas témolas grazas á solicitude, por parte do profesorado e da dirección do cole, dunha subvención dixital para estas aulas. Os nosos compañeiros/as de primaria xa as recibiron fai uns meses.

Aquí tedes toda a información:



CELEBRANDO O SAN FROILÁN

 Para celebrar a festa da nosa cidade, falamos un pouquiño  sobre a mesma e  pintamos un polbo.












Quedaron ben bonitos!

ADAPTÁNDONOS Á NOVA AVENTURA

 Os nenos/as de 3 anos adaptáronse bastante ben á nova situación e ó novo entorno. Estos primeiros días investigaron, experimentaron, descubriron... e ,pouco a pouco, van adquirindo as rutinas e sendo máis autónomos... Mediante xogos, coñeceron aos compañeiros; exploraron a clase, os patios; coñeceron e xogaron nos recunchos, pintaron, escoitaron e miraron contos, viron as súas pelis preferidas, aprenderon cancións para saudar, os días da semana, facer a fila, recoller os xoguetes, lavar as mans...tamén empezamos a traballar as emocións, tan importantes neste período.




















































































Como podedes ver, pasámolo moi ben!