CELEBRAMOS O MAGOSTO, NA AULA DE 3 ANOS

Algúns dos traballos feitos foron:

-Experimentar e facer manualidades coas follas que recolleron os nenos e nenas coa axuda das súas familias.






-Centrámonos na castaña e a súa árbore.






¡Que valientes! , non tiveron medo á hora de tocarlle.

- Celebramos no colexio, como en anos anteriores, un magosto organizado pola ANPA. Preparáronnos unha degustación de castañas e agasalláronnos con un doce. ¡MOITAS GRAZAS!









-Decoramos unha castaña.












 - Intercambiamos, cos nenos e nenas de 4º de primaria, cancións e poemas sobre a castaña. Eles recitaron  un poema e nós cantamos unha canción.





¡MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!

CHEGOU O SAMAÍN Á AULA DE 3 ANOS

A parte de aprender cancións, xogar o truco-trato, ver videos e falar un pouquiño desta festa, fixemos un taller de manualidades cos nenos e nenas de 6º de primaria e co profe Juan (o noso profe de música). Divertímonos moito facendo con eles unhas pantasmas. Dividimos a clase en dous grupos, un traballou co profe Juan e algúns nenos de 6º e o outro grupo fixeron as pantasmas coa profe Ana e con nenos de 6º. Os nenos e nenas de 3 anos fixeron boliñas de algodón , pintaron os ollos, a boca...

¡PASÁRONO XENIAL!


































Foi unha experiencia moi positiva tanto para os nenos maiores como para os mais pequenos.