ADAPTÁNDONOS Á NOVA AVENTURA

 Os nenos e nenas de 3 anos adaptáronse ben á dobre situación que lles tocou vivir. Por unha banda, ao período de adaptación e , por outra, á situación de pandemia actual.

Estos primeiros días, investigamos, experimentamos, descubrimos... Pouco a pouco, foron adquirindo novas rutinas; mediante o xogo, coñeceron aos seus compañeiros, exploraron a clase, coñeceron e xogaron nos seus recunchos,  escoitaron e miraron contos, pintaron, saíron ao patio e xogaron, viron as súas pelis preferidas, aprenderon cancións para: saudar, os días da semana, para facer a fila, recoller os xoguetes, lavar as mans...; traballamos as emocións, tan importantes neste período...

Son un exemplo a seguir porque se adaptaron moi ben ás normas que nos impón a pandemia. Estos días foron moi positivos para todos.

Aquí vos deixo unha mostra

























NORABOA CAMPEÓNS!


BENVIDOS AO CURSO 2020 - 2021

 Os mais pequenos do cole comezan un novo curso que vai ser moi diferente pola pandemia, pero seguro que imos compartir moi bos momentos con unha actitude positiva e moita ilusión.