¡ CHEGOU O MAGOSTO !

Traballamos esta festa na aula facendo diferentes actividades, entre elas,  decoramos unha corneta e castañas con papel de xornal e plastilina e,  para rematar, barnizamos as castañas con cola branca.









-No colexio celebrouse un magosto organizado pola ANPA. Visitounos un castañeiro, vimos como se asaban as castañas e logo probámolas. A ANPA tamén nos agasallou con un doce.














¡SAMAÍN 2018!

Celebramos esta festa facendo un taller de manualidades cos nenos e nenas de 5º de primaria e co profe Juan. Dividimos as dúas clases en 2 grupos e creamos unhas momias moi divertidas.










Aquí vos deixo o resultado do noso traballo.








Foi unha actividade moi positiva tanto para os nenos e nenas de 4 anos como para os de 5º.

Tamén creamos uns " MONSTRUOS GRACIOSOS" a partir da técnica de soplado con pintura de dedo e logo debuxaron o monstruo.