DIRECCIONALIDADE DAS CONSOANTES TRABALLADAS

 












ACTIVIDADES PARA TRABALLAR AS LETRAS


Partindo dun conto , podedes facer as seguntes actividades cos nenos/as:
1- Atención e comprensión lectora: ler o conto e facer preguntas sobre él.
2-Discriminación auditiva:
   2.1.Recoñocer o son e pronuncialo colocando ben os beizos, os dentes e a língua.  Debe pronunciar ben o son, non o nome da letra.
   2.2. Nomear  palabras do conto que teñen esa letra.
   2.3.Buscar o son no seu propio nome , no dos nenos/as da clase e noutras personas.
   2.4. Nomear animais , prantas , xoguetes, partes da casa, ...que teñan esa letra. Aquí podemos buscar se a levan de primeira, de última, no medio da palabra...
   2.5. Xogar ao "veo, veo".
3- Discriminación visual:
   3.1. Presentamos a minúscula e a maiúscula, sempre seguindo a direccionalidade e comezando no punto vermello.

   3.2. Atopar a letra no conto e rodeala.

   3.3. Recoñecela en poesías, adiviñas... e calquer outro tipo de texto.
   3.4. Para facilitar a discriminación visual da letra, podedes xogar con letras magnéticas e outros materiais que permiten sentir as curvas e as líneas das letras (o neno/a pasará o dedo pola letra).
   3.5. Podedes xogar a "buscar letras", o xogo consiste en : agochar varias letras e os peques teñen que atopar a letra ; vós guiarédelos decíndolles "quente, quente" (se están preto) e "frío, frío" (se está lonxe).
   3.6. Outro xogo: "Adiviña letras": nunha folla debuxamos partes dunha letra de xeito que, o peque poida adiviñar que letra é e compretar o debuxo.
4- Repasar, co dedo índice, a letra seguindo a direccionalidade.
5- Antes de facer a letra en papel, que a fagan no aire co dedo índice, en area, con pintura de dedo, plastilina,... estas son experiencias sensoriais moi importantes para os peques.
6- Cando se trata de consoantes, introducir os sons coas vogais: xogaredes a decir palabras que empecen por: pa, pe, pi, po, pu; sa, se, si, so, su e así coas demais consoantes que estemos a traballar .
7-Ler palabras que conteñan estas sílabas e outras dadas (puso, sapo, paso...). Sempre coas letras que xa traballamos.
8-Para que os nenos/as recoñezan cantas sílabas contén unha palabra, podedes xogar a facelo con palmadas ( exemplo: pa-se-o, tén 3 sílabas e daremos unha palmada por cada sílaba).
8- Cando o neno/a lea sílabas e palabras pode comezar lendo frases.
9-Se tedes na casa alfabeto móvil, letras magnéticas ou de calquera outro tipo, poden formar: sílabas, palabras e logo frases coas letras dadas. Se non dispoñedes de letras, podedes escribir sílabas en trozos de papel e que vaian formando palabras e frases.



REPASAMOS A DIRECCIONALIDADE DAS VOGAIS











1ª FESTA DE ANIVERSARIOS

 YASMÍN, ANTÍA, CARMEN, ALINA, IAGO, MARCO MASIDE, YOUSSEF, NOUR E TEO celebraron os seus aniversarios convidándonos a tarta, aperitivos...Tamén bailamos, xogamos e pasámolo xenial!





















Tamén nos deron un agasallo moi rico. Moitas grazas!







PARABÉNS E MOITAS GRAZAS!

FESTA DE NADAL

 Para despedir o trimestre celebramos a festa de Nadal coa degustación de productos típicos destas datas que cada neno/a aportou da súa casa. Bailamos e disfrutamos moito.








O BELÉN DO COLE




CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 Como todos os anos, fixemos postais de Nadal e participamos nun concurso. Cada neno/a fixo unha postal moi orixinal. Aquí vos deixo unha mostra.










Visita de Papá Noel e entrega de agasallos a todos os nenos e tamén aos premiados no concurso de postais.