2ª FESTA DE ANIVERSARIOS

 KHADIJA, NOA LÓPEZ, MARWA, LAURA E MARCO, celebraron o seu cumple convidándonos a uns aperitivos e doces; tamén prepararon a súa coroa e déronnos un agasallo. Bailamos, xogamos e pasámolo moi ben!











PARABÉNS E MOITAS GRAZAS POLO AGASALLO!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Lembramos a esta escritora galega falando un pouquiño sobre ela e decorando á súa caricatura.













CONTACONTOS NO COLE

 Recibimos no cole a David, co seu conto: "superavoa". A avóa de Rita garda un segredo: é unha superheroína. Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo víñase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avóas. Escoitamos o conto e tamén cantamos e bailamos.

Qué ben o pasamos!






MOITAS GRAZAS!

CELEBRANDO O ENTROIDO

 Como en anos anteriores celebramos esta festa con moita ilusión , facendo máscaras e divertíndonos moito nas festas e desfiles.









E así lucimos o noso traballo







- A ANPA do noso cole organizou unha festa de disfraces na que bailamos, cantamos, xogamos e tomamos chocolatada con doces.

PASÁMOLO XENIAL,MOITAS GRAZAS!















- Tamén participamos no desfile de comparsas do cole e, para esta ocasión, disfrazámonos de acios de uvas. Pasámolo moi ben participando na confección do noso disfraz, pintamos con pincel que nos encanta.








Logo preparámonos para desfilar ...estábamos "para comernos"...