TRABALLOS SOBRE O RETO DA PREHISTORIA

 - Fixemos, entre todos, unha cova prehistórica, pintámola, debuxamos con rotulador, estampamos a nosa man...





































- Decoramos unha manta para o troglodita








- Elaboramos pintura con pigmentos naturais. Coloreamos un bisonte mesturando auga con café e pimentón.










- Pintura de mans en negativo como na cova de Altamira: coa man posta na lámina, estamparon unha esponxa impregnada en pintura de dedos arredor da mesma e entre os dedos e como resultado temos o debuxo da man no papel.











- A pesca tiña moita importancia na prehistoria por eso coloreamos un peixe con tizas de cores molladas en auga azucarada.






Esos foron algúns dos traballos de plástica do reto e ahora déixovos o resultado de algúns dos traballos