DIPLOMAS FIN CURSO

Este curso foi diferente e un pouco complicado pola pandemia , por eso, os nenos e nenas recibiron uns diplomas, moi merecidos, porque se comportaron como auténticos campeóns.

NORABOA PEQUES!








AGASALLOS DA ANPA

 Para rematar o curso, a ANPA do noso cole deleitounos con unhas bolsas de golosinas que nos encantaron.

MOITAS GRAZAS!








XOGOS NO PATIO

 Un día chegamos ao colexio e atopámonos con unha sorpresa...o patio estaba cheo de xogos e nas paredes estaban pintados debuxos animados .














PASÁMOLO XENIAL!


PLANTANDO FABAS

 Cada neno/a plantou a súa, cuidárona e, ao longo dos días, foron vendo o proceso de crecemento para, posteriormente, levar á casa e seguir os seus coidados.








LETRAS GALEGAS 2021

 Este ano lembramos á escritora  Xela Arias.  Os nenos/as aprenderon algo sobre esta escritora e pintaron a súa caricatura.







QUEDARON PRECIOSAS!

DÍA DA NAI

 Agasallamos ás nosas mamis cunha flor moi especial. Esperamos que vos gusten!







PARABÉNS MAMIS!!

DÍA DO LIBRO

 Para celebrar este día, fixemos un marcapáxinas e lembramos  a importancia da lectura dende a infancia.








PROXECTO: " FITAS DO VENTO"

 É un proxecto que naceu en 2017 a partir do convenio de irmandamento de escolas de Santa María Do Mar na Coruña e a escola Secundaria Inácio de Loiola en Tsangano, Mozambique.

No noso colexio facemos actividades para colaborar neste proxecto. Todos os anos organizamos, o 17 de maio, unha carreira solidaria. Durante a carreira situouse un stand para a venda de manualidades: marcapáxinas, chapas, cadros inspirados nas capulanas, lapiceiros con tecido de capulana...Todo feito polos nenos/as do noso colexio. A recaudación foi para axudar á escola Mozambiqueña.

Este curso todo o colexio colaborou, un ano mais, con distintas actividades. Os nenos e nenas de 3 anos coñeceron un pouco Mozambique: localización, fauna, comidas, costumes...Esto é moi importante para axudar aos nenos/as a concienciarse da realidade doutros países, desenrolar valores como a cooperación, solidariedade, traballo en equipo, tolerancia, respeto...









DÍA DO PAI

 Fixemos, con moito cariño, un agasallo aos nosos papis. Esperamos que vos gusten!











PARABÉNS PAPIS!