PROXECTO: " FITAS DO VENTO"

 É un proxecto que naceu en 2017 a partir do convenio de irmandamento de escolas de Santa María Do Mar na Coruña e a escola Secundaria Inácio de Loiola en Tsangano, Mozambique.

No noso colexio facemos actividades para colaborar neste proxecto. Todos os anos organizamos, o 17 de maio, unha carreira solidaria. Durante a carreira situouse un stand para a venda de manualidades: marcapáxinas, chapas, cadros inspirados nas capulanas, lapiceiros con tecido de capulana...Todo feito polos nenos/as do noso colexio. A recaudación foi para axudar á escola Mozambiqueña.

Este curso todo o colexio colaborou, un ano mais, con distintas actividades. Os nenos e nenas de 3 anos coñeceron un pouco Mozambique: localización, fauna, comidas, costumes...Esto é moi importante para axudar aos nenos/as a concienciarse da realidade doutros países, desenrolar valores como a cooperación, solidariedade, traballo en equipo, tolerancia, respeto...