DECEMBRO EN EI 4 ANOS

Como xa é habitual dende fai catro anos no mes de decembro celebramos un mercadillo solidario para recoller alimentos para os máis necesitados.Cada clase realiza diferentes manualidades que serven de agasallo para as familias que doan os alimentos. Neste caso os nenos e nenas de 4 anos realizaron Reis Magos que levaban chuches no seu interior. Pasárono moi ben nas sesións nas que os realizaron e ademais aprenderon a ser solidarios .GRAZAS  A TOD@S pola colaboración.








O día 19 de decembro fomos visitar o belén de Begonte. Foi a primeira saída en autobús deste curso polo que supuxo unha emoción especial. Pasárono moi ben e portáronse xenial polo que... haberá máis saídas.












Xa para rematar o trimestre tivemos unha visita moi especial ...PAPÁ NOEL!!!! Quedaron abraiados cando chamaron á porta e apereceu cos seus Elfos. Unha visita que recibiron coa ilusión e a emoción que se merece.Viña cargado de pequenos agasallos, personalizados, que recibiron entre sorprendidos e ilusionados e coa promesa de seguir traballando moito e portándose moi ben. BO NADAL!



CELEBRAMOS O DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro, lembramos o significado da violencia e "debatimos" un pouco sobre o tema. Logo, no patio, fixemos o xogo:stop bico-aperta que consistía en pillar, o neno/a pillado/a quedaba quieto e para recuperar a vida recibía dun compañeiro/a un bico ou unha aperta. Pasárono moi ben o mesmo tempo que aprenderon un pouquiño mais a ser amigos e non pelexar.






Ao remate do xogo déronse apertas.



A FESTA DO MAGOSTO

O 4 de novembro celebramos no colexio un magosto, organizado pola ANPA.
Previo á festa, na aula de 5 anos, falamos do outono e dos diferentes froitos. Centrándonos na castaña e na súa árbore, aprendemos poemas, decoramos un vaso para levar as castañas e  tamén decoramos castañas utilizando diferentes técnicas plásticas.








Baixamos ao patio e tíñamos a visita dun castañeiro , deste xeito, obsevamos como se asaban . Degustamos as castañas e un bolo de leite.












Para rematar a festa, xogamos no patio e pasámolo moi ben.




























CELEBRAMOS O SAMAÍN

Os nenos/as do colexio participaron, xunto coas súas familias, na elaboración de traballos moi orixinais e creativos para a posterior exposición no patio do centro.


Na aula de 5 anos decoramos unhas carautas de cabazas : mesturamos pintura vermella e amarela e pintamos co pincel; picamos os ollos e a boca. 










Lucas convidounos a uns apetitosos dedos de bruxa, feitos na súa casa. Estaban riquísimos. ¡MOITAS GRAZAS!