DECEMBRO EN EI 4 ANOS

Como xa é habitual dende fai catro anos no mes de decembro celebramos un mercadillo solidario para recoller alimentos para os máis necesitados.Cada clase realiza diferentes manualidades que serven de agasallo para as familias que doan os alimentos. Neste caso os nenos e nenas de 4 anos realizaron Reis Magos que levaban chuches no seu interior. Pasárono moi ben nas sesións nas que os realizaron e ademais aprenderon a ser solidarios .GRAZAS  A TOD@S pola colaboración.








O día 19 de decembro fomos visitar o belén de Begonte. Foi a primeira saída en autobús deste curso polo que supuxo unha emoción especial. Pasárono moi ben e portáronse xenial polo que... haberá máis saídas.












Xa para rematar o trimestre tivemos unha visita moi especial ...PAPÁ NOEL!!!! Quedaron abraiados cando chamaron á porta e apereceu cos seus Elfos. Unha visita que recibiron coa ilusión e a emoción que se merece.Viña cargado de pequenos agasallos, personalizados, que recibiron entre sorprendidos e ilusionados e coa promesa de seguir traballando moito e portándose moi ben. BO NADAL!