DIA DO PAI NA AULA DE 5 ANOS

Celebramos este dia, elaborando agasallos para os nosos papis. Decoramos unha funda para as gafas.






E escribímoslles  unha nota, con moito cariño, recordándolles o moito que os queremos.


¡Esperamos que vos gusten!



VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

Os nenos e nenas de 5 anos, achegámonos a un dos museos de Lugo para  realizar a actividade "ANIMALANDIA". A través dun percorrido fomos á procura dos animais que se agochaban nalgunhas das obras expostas no museo.










Tamén visitamos o patio exterior






Ao rematar a actividade, fixemos un pequeno descanso e logo paseamos polas rúas cercanas ao museo.






2ª FESTA DE ANIVERSARIOS NA AULA DE 5 ANOS

Óliver, Mateo, Dafne, Alba, Erik e Xesús Arias convidáronnos a unha rica tarta, patacas, zumes...e déronnos un agasallo, nós fixémoslles un debuxo para que nos recorden. ¡MOITAS GRAZAS!







CELEBRAMOS O ENTROIDO NA AULA DE 5 ANOS

Xunto co entroido, traballamos a unidade: " cosas de antiguo Egipto". Aprendemos moitas cousas sobre o tema  , decoramos antifaces e carautas para disfrazarnos de Horus, faraóns, tuaregs e da nosa mascota POQUÉ.












O xoves,  pola tarde, os nenos e mestres puxemos o noso disfraz preferido e lucímolo nunha festa-baile, na que comemos chocolate con biscoitos.












Para rematar, o venres, participamos nas comparsas do cole disfrazados de semáforos. Os nenos axudaron a profe na confeción do disfraz.













E o resultado do noso traballo foi moi satisfactorio.