TRABALLOS DE PLÁSTICA

Ao longo do 1º trimestre fixemos moitos traballos de plástica: pintando co dedo, con rotulador, con ceras; cortando e pegando papéis con pegamento; pegando pegatinas...

Déixovos unha mostra dalgúns dos que fixemos.













































CELEBRANDO O SAMAÍN


 - Organizamos un OBRADOIRO coa axuda dos nosos compañeiros/as de 6º de primaria. Fixemos uns morcegos que " daban moito medo".

Pasámolo xenial traballando en equipo! 

Moitas grazas compañeiros/as!




































Ao rematar a nosa manualidade recibimos un rico agasallo: unha moeda de chocolate.









- Caracterizámonos para a ocasión con elementos terroríficos , decoramos a nosa aula, cantamos cancións...









- Os nosos compañeiros/as de 6º de primaria viñeron visitarnos outro día para contarnos historias terroríficas.















- Para rematar, a ANPA convidounos a unha festa que celebramos cos nosos/as compañeiros/as de 4 e 5 anos. 







PASÁMOLO "DE MEDO", MOITAS GRAZAS!