A FESTA DO MAGOSTO

O 4 de novembro celebramos no colexio un magosto, organizado pola ANPA.
Previo á festa, na aula de 5 anos, falamos do outono e dos diferentes froitos. Centrándonos na castaña e na súa árbore, aprendemos poemas, decoramos un vaso para levar as castañas e  tamén decoramos castañas utilizando diferentes técnicas plásticas.








Baixamos ao patio e tíñamos a visita dun castañeiro , deste xeito, obsevamos como se asaban . Degustamos as castañas e un bolo de leite.












Para rematar a festa, xogamos no patio e pasámolo moi ben.