CHEGOU O SAMAÍN Á AULA DE 3 ANOS

A parte de aprender cancións, xogar o truco-trato, ver videos e falar un pouquiño desta festa, fixemos un taller de manualidades cos nenos e nenas de 6º de primaria e co profe Juan (o noso profe de música). Divertímonos moito facendo con eles unhas pantasmas. Dividimos a clase en dous grupos, un traballou co profe Juan e algúns nenos de 6º e o outro grupo fixeron as pantasmas coa profe Ana e con nenos de 6º. Os nenos e nenas de 3 anos fixeron boliñas de algodón , pintaron os ollos, a boca...

¡PASÁRONO XENIAL!


































Foi unha experiencia moi positiva tanto para os nenos maiores como para os mais pequenos.