ADAPTÁNDONOS Á NOVA AVENTURA

Os nenos e nenas de 3 anos adaptáronse ben á nova situación e o novo entorno.
Mediante xogos, coñeceron aos compañeiros. Visitaron as instalacións do centro, exploraron a súa clase, pintaron, miraron e escoitaron contos, xogaron nos recunchos, no patio, viron as súas pelis preferidas, aprenderon algunhas cancións: para saudar, os dias da semana, para facer a fila, recoller os xoguetes, para lavar as mans....






















Como podedes ver, pasámolo moi ben!