SAMAÍN NA CLASE DE 5 ANOS

Este ano celebramos a festa do Samaín dun xeito moi especial , compartindo espazos, tempos e ilusión cos compañeiros e o mestre de 4º de primaria. Repartímonos en dous grupos pero fixemos todos o mesmo.
 Resultou un taller moi interesante no que elaboramos arañas de tres tipos:

    - As primeiras que fixemos foron unhas arañas doces que degustamos todos xuntos á volta do recreo.Foron elaboradas con galletas,gominolas,lacasitos e tona.

    - En segundo lugar fixemos  arañas empregando un caramelo, limpa pipas e ollos móbiles .  Utilizámolas para decorar.

    - Por último elaboramos outras arañas,tamén para decorar, empregando limpa pipas,ollos móbiles e cola líquida.

       Aquí tedes unhas fotos para o recordo. Agardo que vos gustase a idea.





















Lara, unha nena da clase de 5 anos, convidounos a unhas galletas de Samaín que elaborou na súa casa coa súa nai. Moitas grazas,estaban moi ricas.



E para rematar a celebración do Samaín  no cole chegou unha pantasma que nos propuxo :TRUCO OU TRATO. Asustounos un chisco pero ... pasámolo ben.