A FESTA DOS MAIOS

Na aula  falamos sobre esta festa de orixen celta, a que provocou moita curiosidade nos nenos e nenas.
Fixemos no cole un maio, no que participaron os nenos e nenas de infantil e primaria. Na aula de 5 anos colaboramos pintando con pintura de dedo unhas bolas , simulando limóns e laranxas. Logo levamos o maio para o horto do cole, alí, con motivo das letras  galegas e das festas do noso barrio, recitamos a cantiga dos maios.