PRÉSTAMO DE CONTOS DA BIBLIOTECA DO COLE

 O  préstamo de libros conleva unha serie de beneficios: 

- Esperta nos nenos/as o interés pola lectura.

- Implícase ás familias no proceso educativo, posto que son os que lle van ler o conto e traballar sobre él.

- Fomenta a responsabilidade do neno/a, pois tén que coidalo e lembrarse de devolvelo na data indicada.

- Desenvolve á súa autonomía e capacidade crítica, ao elexir o que máis lle guste.

Por todo o anterior, no noso cole lévase a cabo esta iniciativa de préstamo de libros do seguinte xeito: cada 15 días imos á biblioteca do cole para coller o noso conto preferido, o director encárgase de rexistrar o libro, día que se leva e o que se trae de volta. Levámolo prestado para a casa, pasado ese tempo traémolo ao cole e collemos outro para seguir o mesmo procedemento.