PROYECTO DE MARI GLORY

 Tivemos o pracer de ter connosco, un tempo, unha alumna de maxisterio en prácticas, Mari Glory, da que aprendemos moito o mesmo que ela de nós. Durante ese tempo levou a cabo unha proposta sobre un conto clásico:" Alicia no país das Marabillas". O traballo consta de unhas actividades e unifican aprendizaxes de lectoescritura, lóxico-matemática, expresión corporal e artística. O obxectivo principal é achegar ao alumnado á literatura e á biblioteca.

Esta proposta  iniciouse coa chegada á aula dunha carta de Alicia do País das Marabillas. Nela contounos que quería iniciar unhas aventuras connosco, seguindo un camiño de reloxos presidido polo coello branco e a súa célebre frase:" ¿ cuánto tiempo dura lo eterno?A veces apenas un segundo". De xeito paralelo, cada vez que se completara un desafío contaríamos cun " segundo vivido" e Alicia enviaríanos unha figura. Ao final da aventura, esas figuras agochaban unha mensaxe secreta.

A continuación déixovos unha síntesis  de cada "segundo vivido":

1- Lemos a carta de Alicia e creamos os nosos pasaportes de viaxeiros/as oficiáis do País das Marabillas











2- Coñecemos distintas profesións relacionadas cos contos: bibliotecario/a, libreiro/a, escritor/a, ilustrador/a e enxeñeiro/a do papel. Tamén descubrimos unhas clasificacións básicas dos libros e convertémonos en enxeñeiros/as do papel ao construir unhas estructuras básicas de pop-up.









3- Participamos no teatro de sombras de Alicia, xogando coas luces e dividimos a historia en introducción, nó e desenlace.







4- Realizamos seriacións e sumamos , restamos cos personaxes do conto.












5- Ordeamos os números do 1-10 cos personaxes do conto.



6- Traballamos cos bloques lóxicos.




7- Creamos o noso libro de propostas sobre o conto co apoio duns dados moi divertidos.






8- Ao reunir todas as pezas puidemos descifrar a mensaxe secreta: "biblioteca del cole", foi o lugar elexido por Alicia para a nosa despedida. Alí deixounos outra carta, uns globos e unha masa de cor vermella para que fixéramos uns colgantes. Alicia despediuse de nós cunha frase de sombreiro: " En el jardín de la memoria y el palacio de los sueños, ahí es donde nos veremos".







E...colorín, colorado , este conto rematou...pero non sin antes agasallar á nosa profe por tratarnos tan ben, por ensinar co corazón e ser tan boa persona. 








Mari Glory agasallounos cuns recordos moi chulos.





MOITAS GRAZAS POR TODO! IMOS LEMBRARTE SEMPRE!