O OUTONO NOS SENTIDOS

Aproveitando que estamos traballando o outono na aula de 5 anos e para poñer en práctica o aprendido, fixemos unha excursión, xunto cos nosos compañeiros de 4 anos, polo paseo do Miño. A finalidade era, coñecer un pouquiño máis a nosa contorna, valorala, non só como espazo ambiental senón tamén, como espazo de aprendizaxe e de lecer. Alí, coa axuda de monitoras, exploramos a natureza a través dos sentidos.







Os nenos e nenas foron rotando por cada un dos espazos destinados a traballar cada sentido e así experimentaron: cores, olores, sabores, texturas...propias da nosa contorna no outono.

















Debuxaron en pedras, follas e incluso fixeron composicións con diferentes materiais recollidos. De este xeito, fomentamos a imaxinación e a aprendizaxe a través do xogo.











Aprendemos e divertímonos moito!!!