CHEGOU O NADAL

No mes de decembro os nenos e nenas de 4 anos fixeron moitas e variadas actividades relacionadas co nadal. Realizamos manualidades para DECORAR A NOSA CLASE. Decoramos o noso rei MELCHOR para o belén do cole. Elaboramos colonias e uns coelliños moi simpáticos para colaborar co MERCADILLO SOLIDARIO que organiza o colexio por estas datas. Xunto cos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos representamos un BELÉN VIVINTE. Os nenos que participaron na saída de outono que organiza a ANPA do colexio recibiron unha bolsa de chuches e un conto como agasallo pola colaboración na busca de cogumelos. Agardamos impacientes a visita de PAPÁ NOEL e celebramos a primeira festa de aniversario dos compañeiros e compañeiras que cumpriron 4 anos neste trimestre¡¡¡¡FELICIDADES A TODOS !!!!