Tivemos o pracer de ter, un tempo connosco, unha alumna de maxisterio en prácticas, JENIFER, da que aprendemos moito, o mesmo que ela de nós. Durante este tempo, levou a cabo unha proposta sobre un conto clásico: "OS 3 PORQUIÑOS". O obxetivo principal é achegar ao alumnado á literatura.
Tras varias sesións, os/as nenos/as foron traballando contidos sobre os contos, ao tempo que espertaba a curiosidade e o interese coas seguintes propostas: escritura, lectura e visualización de diferentes tipos de contos, ( auditivos, carruséis, de abanico, de sombras, de monicreques e dixitáis), decoración de personaxes e escenarios, concluíndo, como produto final, cunha representación do conto: "os 3 porquiños".


























