SAÍDA AFUNDACIÓN

 Fixemos, moi ilusionados, á nosa primeira saída do cole en bus , para ver unha exposición en Afundación ( na praza de España): " A nosa arte". Trátase dunha exposición de pezas da colección de Arte do Parlamento de Galicia. Baseándose nun conto onde se mestura arte e poesía, ponse en funcionamento a imaxinación dos peques.  Alí explicáronnos as normas que había que seguir cando visitamos unha exposición. A monitora recitábanos poemas e tiñamos que buscar os cadros que tiñan relación con él. 



















Ao rematar, disparamos con pistolas de pintura cara uns robots ventiladores...e pasámolo xenial!















DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Falamos un pouquiño sobre a violencia en xeral e pintamos uns lazos, símbolos deste día.









TRABALLANDO NA PIZARRA INTERACTIVA

Coa pizarra potenciamos a motivación e o interés dos nenos/as ao poder interaccionar e unha aprendizaxe autónoma, cooperativa, lúdica e creativa. Promove a implicación do alumno/a levando a cabo actividades moi motivadoras.

 Déixovos algunhas imaxes do que traballamos: as fichas dos retos antes de facelas no libro, pintan, debuxan...

















TRABALLOS DE PLÁSTICA

Ao longo do 1º trimestre fixemos moitos traballos de plástica: pintando co dedo, con rotulador, con ceras; cortando e pegando papéis con pegamento; pegando pegatinas...

Déixovos unha mostra dalgúns dos que fixemos.