SAÍDA AFUNDACIÓN

 Fixemos, moi ilusionados, á nosa primeira saída do cole en bus , para ver unha exposición en Afundación ( na praza de España): " A nosa arte". Trátase dunha exposición de pezas da colección de Arte do Parlamento de Galicia. Baseándose nun conto onde se mestura arte e poesía, ponse en funcionamento a imaxinación dos peques.  Alí explicáronnos as normas que había que seguir cando visitamos unha exposición. A monitora recitábanos poemas e tiñamos que buscar os cadros que tiñan relación con él. 



















Ao rematar, disparamos con pistolas de pintura cara uns robots ventiladores...e pasámolo xenial!