CHEGOU O NADAL

 Durante o mes de decembro fixemos, no cole, diferentes actividades:

1- Decoramos a porta da clase


2- Puxemos o Belén no cole







3- Os nenos/as fixeron na aula actividades plásticas. 

- Decoraron, con pintura de dedos, luces de diferentes cores







- Pintaron un agasallo





- Todos os nenos do colexio participaron, por cursos, nun concurso de postais. Os nenos de 3 anos decoraron árbores de nadal: pintando, punteando co rotulador e estampando con corchos mollados en pintura de diferentes cores .




















4- Tivemos unha sorpresa...visitounos Papá Noel e os seus Elfos; falaron con nós , entregaron a cada neno/a un agasallo. Logo,  aos gañadores do concurso de postais: MARWA, MARCO E ASSIL, déronlles outro agasallo mais a cada un.





5- Para rematar o trimestre, fixemos unha festa na que comemos doces típicos de nadal, bailamos, cantamos, xogamos e...pasámolo moi ben!






Moitas grazas pola vosa colaboración!