Os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha visita á Banca, na praza de España, para ver unha exposición fotográfica de Xosé Abad sobre algúns oficios que existían fai anos: cesteiros. reloxeiros e zoqueiros. Estaban moi emocionados porque iban en autobús ; para algúns, era a súa primeira vez.
Na exposición, mostráronnos e explicáronnos as fotografías participando en diferentes actividades.
Por último, asistimos a un obradoiro, onde pintamos unhas zocas.
Aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben.
TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS NA AULA DE 3 ANOS
A educación emocional nos nenos é a base de toda educación. Os nenos e nenas deben aprender a manexalas dende moi pequenos. Tanto na casa como no colexio, debemos darlles oportunidades para que sexan capaces de identificalas, expresalas e regulalas. Todo esto permitirá un bo desenvolvemento psico-afectivo.
A nosa compañeira ISABEL levou á clase un conto: " O monstro de cores"; traballamos a alegría, a tristeza, a rabia,o medo e a calma. ¡ Cantas cousas descubrimos e aprendemos!
A nosa compañeira ISABEL levou á clase un conto: " O monstro de cores"; traballamos a alegría, a tristeza, a rabia,o medo e a calma. ¡ Cantas cousas descubrimos e aprendemos!
UNHA VISITA "DE ALTURA"
Visitáronnos as xogadoras do equipo feminino de baloncesto da nosa cidade. Falaron un pouquiño deste deporte, fixémoslles preguntas, xogaron con nós e fixémonos fotos.
Despedímonos con unha aperta moi forte
¡PASÁMOLO XENIAL!
NADAL NA AULA DE E.I. 5 ANOS
O mes de nadal foi un mes intenso en canto a celebracións e ilusións . Fixemos varias manualidades para adornar a aula e recibimos visitas que nos puxeron un pouco nerviosos.
1.- Para comezar recibimos a visita do equipo de baloncesto feminino da nosa cidade . Despois de escoitalas e facerlles preguntas xogamos con elas e fixemos fotos. Pasámolo xenial !!
2.-Fixemos unha árbore de nadal coas huellas das nosas mans.
3.- Elaboramos varios adornos para decorar a clase e adornar os nosos traballos do trimestre pero o que máis nos gustou foi o de PAPÁ NOEL.
3.- Celebramos a primeira festa de aniversario deste curso. ALBA, UNAY, XIÁN, PAULA, IVÁN, EREA , DANIELA e YARA convidáronnos a todos e disfrutamos dunha festa moi agradable.
¡¡¡¡ PARABÉNS !!!!
4.- Recibimos unha visita moi agardada...PAPÁ NOEL veu a vernos e troúxonos chuches !!!!
5.- Coa colaboración de todas as familias do centro celebramos unha festa solidaria na que degustamos chocolate con doces caseiros e tivemos a actuación estrela do paiaso PIRULETA e a presenza de...PAPÁ NOEL co que poidemos sacar fotos , entregarlle a carta e falar detidamente sobre as nosas peticións. PASÁMOLO CHUPI todos xuntos.
6.- Xa para despedir o trimestre tivemos unha festa e os nosos compañeiros de primaria deleitáronnos con panxoliñas.
¡¡¡¡FELICES FESTAS A TOD@S!!!!

No nome do claustro de profesores e no meu propio MOITAS GRAZAS A TOD@S .
6.- Xa para despedir o trimestre tivemos unha festa e os nosos compañeiros de primaria deleitáronnos con panxoliñas.
¡¡¡¡FELICES FESTAS A TOD@S!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)