NADAL NA AULA DE E.I. 5 ANOS

O mes de nadal foi un mes intenso en canto a  celebracións e ilusións  . Fixemos varias manualidades para adornar a aula e recibimos visitas que nos puxeron un pouco nerviosos.


1.- Para comezar recibimos a visita do equipo de baloncesto feminino da nosa cidade . Despois de escoitalas e facerlles preguntas xogamos con elas e fixemos fotos. Pasámolo xenial !!






















 2.-Fixemos unha árbore de nadal coas huellas das nosas mans.




3.- Elaboramos varios adornos para decorar a clase e adornar os nosos traballos  do trimestre  pero o que máis nos gustou foi o de PAPÁ NOEL.











3.- Celebramos a primeira festa de aniversario deste curso. ALBA, UNAY, XIÁN, PAULA, IVÁN, EREA ,  DANIELA e YARA  convidáronnos a todos e disfrutamos dunha festa moi agradable.















                                                                 ¡¡¡¡ PARABÉNS !!!!

4.- Recibimos unha visita moi agardada...PAPÁ NOEL veu a vernos e troúxonos chuches !!!!


5.- Coa colaboración de todas as familias do centro celebramos unha festa solidaria na que degustamos chocolate con doces caseiros e tivemos a actuación estrela do paiaso PIRULETA e a presenza de...PAPÁ NOEL co que poidemos sacar fotos , entregarlle a carta e falar detidamente sobre as nosas peticións. PASÁMOLO CHUPI todos xuntos.


No  nome do claustro de profesores e no meu propio MOITAS GRAZAS A TOD@S .

6.- Xa para despedir o trimestre tivemos unha festa e os nosos compañeiros de primaria deleitáronnos con panxoliñas.







                                                       ¡¡¡¡FELICES FESTAS A TOD@S!!!!