Quedaron moi simpáticos!
CELEBRANDO O SAN FROILÁN NA AULA DE 3 ANOS
Para festexar esta festa da nosa cidade, pintamos un polbo. Disfrutaron moito pintando co pincel a testa.
ADAPTÁNDONOS Á NOVA AVENTURA
Os nenos e nenas de 3 anos adaptáronse ben á nova situación e o novo entorno.
Mediante xogos, coñeceron aos compañeiros. Visitaron as instalacións do centro, exploraron a súa clase, pintaron, miraron e escoitaron contos, xogaron nos recunchos, no patio, viron as súas pelis preferidas, aprenderon algunhas cancións: para saudar, os dias da semana, para facer a fila, recoller os xoguetes, para lavar as mans....

Como podedes ver, pasámolo moi ben!
ACTIVIDADES NA AULA DE EI 5 ANOS
Durante o mes de novembro realizamos diferentes actividades complementarias :
-ELABORACIÓN DUNHA GUÍA TURÍSTICA DA NOSA CIDADE ,LUGO
- MAGOSTO : antes de degustar as castañas, que os membros da ANPA prepararon para todos nós, recibimos aos nosos compañeiros e compañeiras de 5º de primaria para facer un intercambio de poemas e cancións sobre a castaña.
- REALIZAMOS UNHA MANUALIDADE RELACIONADA CO MAGOSTO "LA CASTAÑERA"
- VISITA A ABANCA: visitamos as instalacións de ABANCA na Praza de España para ver unha exposición fotográfica sobre os oficios e a posterior realización dun obradoiro. Tamén aproveitamos para ver monumentos relevantes da nosa cidade,dos que falamos na clase para elaborar a guía turística.
¡¡¡ PASÁMOLO XENIAL !!!
-ELABORACIÓN DUNHA GUÍA TURÍSTICA DA NOSA CIDADE ,LUGO
- MAGOSTO : antes de degustar as castañas, que os membros da ANPA prepararon para todos nós, recibimos aos nosos compañeiros e compañeiras de 5º de primaria para facer un intercambio de poemas e cancións sobre a castaña.
- VISITA A ABANCA: visitamos as instalacións de ABANCA na Praza de España para ver unha exposición fotográfica sobre os oficios e a posterior realización dun obradoiro. Tamén aproveitamos para ver monumentos relevantes da nosa cidade,dos que falamos na clase para elaborar a guía turística.
¡¡¡ PASÁMOLO XENIAL !!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)