TRABALLOS SOBRE O RETO DA PREHISTORIA

 - Fixemos, entre todos, unha cova prehistórica, pintámola, debuxamos con rotulador, estampamos a nosa man...





































- Decoramos unha manta para o troglodita








- Elaboramos pintura con pigmentos naturais. Coloreamos un bisonte mesturando auga con café e pimentón.










- Pintura de mans en negativo como na cova de Altamira: coa man posta na lámina, estamparon unha esponxa impregnada en pintura de dedos arredor da mesma e entre os dedos e como resultado temos o debuxo da man no papel.











- A pesca tiña moita importancia na prehistoria por eso coloreamos un peixe con tizas de cores molladas en auga azucarada.






Esos foron algúns dos traballos de plástica do reto e ahora déixovos o resultado de algúns dos traballos






DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Na aula falamos un pouquiño da importancia do respeto,tolerancia, amizade... e de cómo vivir de forma pacífica. Tamén pintamos unhas pombas.















VISITA AO SUPERMERCADO GADIS

 Visitamos un dos supermercados próximos ao centro, GADIS, que promove o programa "ALIMENTES" para fomentar a alimentación saudable, a actividade física e o consumo responsable dende a infancia. Alí, unha guía explicounos a pirámide alimenticia e a importancia da boa alimentación para á nosa saúde. Despois percorremos as diferentes seccións do supermercado nas que observamos os productos e tamén nos explicaron  as diferentes características dos mesmos.

















Agasalláronnos cunha mochila que tiña dentro alimentos ricos e saudables. 

MOITAS GRAZAS!