TRABALLOS DOS RETOS

 Este trimestre traballamos 2 retos: " Toca cuidarse" e "coas mans na masa". Móstrovos algunhas das actividades que fixeron os nenos/as nestes retos.

1-  Pesadelos: Utilizando a técnica de soplado, descubrimos monstruos moi divertidos. Puxemos gotas de pintura líquida e soplaron cunha palliña para facer as manchas, deixamos secar e logo , con rotuladores,  debuxaron as caras dos monstruos.







2- Estampación de froita mollada en témpera: primeiro tocaron a froita para comprobar a súa forma e textura . Falamos sobre os sabores, olores, cores... das mesmas.













3- Magdalenas hummm!!! Falamos sobre alimentos saudables e non saudables e sabemos o que temos que comer para alimentarnos de forma saudable . Pintamos libremente e logo puxemos virutas de pinturas.







4- Bodegón de Caravaggio. Obsevamos e experimentamos coa  forma, cor, tamaño, textura.. das follas e comentamos información sobre o pintor e a súa obra. Completamos o bodegón colocando follas naturais debaixo da folla en branco, frotaron sobre elas  apretando cunha cera dura para obter a textura das follas.












5- Alimentos sans do outono: rasgaron trozos de papel de xornal e pegarónos no cono. Modelaron bolas de plastina para aplastalas na castaña e por último barnizaron con cola branca.








CHEGOU O SAMAÍN !

 Falamos un pouco sobre esta festa, decoramos a porta da aula , a propia aula e fixemos actividades superchulas. Aquí vos deixo unha mostra :

1- Decoración da porta




2- Participamos nun concurso de cabazas. A ANPA do colexio deu a cada clase unha cabaza para decorala e participar nun concurso. Elexiron 3 cabazas gañadoras e todos/as levaron un diploma, para ás súas casas, por participar.

Os nenos e nenas de 4 anos convertírona en morcego .

-Primeiro pintárona con pintura negra e pincel













- Picaron as ás do morcego










- O producto final ... chulísimo!!!











Aquí vos deixo a exposición  das cabazas que fixo cada curso.



NORABOA A TODOS/AS E MOITAS GRAZAS A ANPA.

3- Na aula tamén fixemos unha araña terrorífica para levar para a casa.

- Pintaron un prato con pincel e pintura de cor laranxa:












-Pintaron a araña con pintura negra e estampárona no prato






- Por último, ensertaron a lá no prato para simular a tea da araña:




-Así quedou a nosa araña terrorífica













BENVIDOS AO CURSO 2021- 2022