TRABALLOS DOS RETOS

 Este trimestre traballamos 2 retos: " Toca cuidarse" e "coas mans na masa". Móstrovos algunhas das actividades que fixeron os nenos/as nestes retos.

1 Pesadelos: Utilizando a técnica de soplado, descubrimos monstruos moi divertidos. Puxemos gotas de pintura líquida e soplaron cunha palliña para facer as manchas, deixamos secar e logo , con rotuladores,  debuxaron as caras dos monstruos.







2- Estampación de froita mollada en témpera: primeiro tocaron a froita para comprobar a súa forma e textura . Falamos sobre os sabores, olores, cores... das mesmas.













3- Magdalenas hummm!!! Falamos sobre alimentos saudables e non saudables e sabemos o que temos que comer para alimentarnos de forma saudable . Pintamos libremente e logo puxemos virutas de pinturas.







4- Bodegón de Caravaggio. Obsevamos e experimentamos coa  forma, cor, tamaño, textura.. das follas e comentamos información sobre o pintor e a súa obra. Completamos o bodegón colocando follas naturais debaixo da folla en branco, frotaron sobre elas  apretando cunha cera dura para obter a textura das follas.












5- Alimentos sans do outono: rasgaron trozos de papel de xornal e pegarónos no cono. Modelaron bolas de plastina para aplastalas na castaña e por último barnizaron con cola branca.