CHEGOU O NADAL!

Aínda que este Nadal foi diferente ó de anos anteriores , debido á pandemia que estamos vivindo, non deixamos de facer actividades para que os peques non perdan esa ilusión que teñen.

- Fixeron unha postal de felicitación de Nadal , pintaron a árbore con cera verde e logo puxeron as bolas con pintura de dedos de diferentes cores.

 













- Decoraron, con pintura de dedos, luces de diferentes cores







- Decoraron a portada dos traballos do trimestre






- Este ano, Papá Noel non podía visitarnos pero mandou a unha das súas axudantes para mandarnos unha mensaxe e darnos un agasallo.

 










 

- Para despedir o trimestre, divertímonos moito xogando con globos e bailando.











PASÁMOLO XENIAL!

 

 



A NEVE CHEGOU Á NOSA CIDADE

 Aínda non empezara o inverno e xa nevara. Ese día,  chegamos ao cole moi ledos e aproveitamos para facer algunha actividade e coñecer un pouquiño mais este fenómeno atmosférico.

- Observámola dende a fiestra, logo saín a coller un anaco para que os peques a tocaran, sentiran o fría que estaba e vimos como se iba derretendo, ao longo da mañá,e converténdose en auga.






















-Debuxamos unha paisaxe nevada en cartulina negra e con ceras brancas.








CHEGOU O OUTONO


 Algúns dos traballos feitos foron:

-Falamos do outono e investigamos sobre as distintas características das follas, aportadas polos nenos/as: observaron as cores, o tamaño, experimentaron distintas texturas...






 

- Traballamos a cor amarela: pegando gomets, coloreando, recortando e logo pegando papeis desta cor...

 






 

 

-  Falamos sobre os diferentes froitos do outono, centrándonos na castaña e na súa árbore. Cantamos cancións e recitamos algún pequeno poema sobre este froito.

- Decoraron unha castaña:

 






 E así quedou de fermosa: