CHEGOU O NADAL!

Aínda que este Nadal foi diferente ó de anos anteriores , debido á pandemia que estamos vivindo, non deixamos de facer actividades para que os peques non perdan esa ilusión que teñen.

- Fixeron unha postal de felicitación de Nadal , pintaron a árbore con cera verde e logo puxeron as bolas con pintura de dedos de diferentes cores.

 













- Decoraron, con pintura de dedos, luces de diferentes cores







- Decoraron a portada dos traballos do trimestre






- Este ano, Papá Noel non podía visitarnos pero mandou a unha das súas axudantes para mandarnos unha mensaxe e darnos un agasallo.

 










 

- Para despedir o trimestre, divertímonos moito xogando con globos e bailando.











PASÁMOLO XENIAL!