PAUTAS PARA REFORZAR O APRENDIDO

 Estos días que non imos ao colexio podedes reforzar na casa os seguintes aspectos:

- Fomentar a autonomía persoal como: vestirse e espirse, comer con tranquilidade e ben sentado sen falar coa comida na boca, falar sen berrar, acostumarse a recoller xoguetes antes de coller outros novos, axudar coas tarefas da casa...

- Lectoescritura: ler contos e comprobar, mediante preguntas, o grao de comprensión dos nenos/as, direccionalidad axeitada en números 1 e 2 e letra I maiúscula...

- Lóxico-matemática: recoñecemento de formas xeométricas ( círculo e cadrado), nocións espaciais e temporais, seriacións, asociación número-cantidade, puzzles...

- Psicomotricidade: fina ( agarre do lápis e tesoira, xogos con pinzas , enfiado de macarróns en lá, recortado de papéis cos dedos...) grosa ( xogos con pelotas, de equilibrio, de encestar...)

- Música: escoitar e cantar cancións que impliquen mímica e movementos de dedos, mans e corpo.

- Educación artística: manualidades con pintura de dedos, pincel, plastilina, pintar e dibuxar libremente nun folio...

En días posteriores poñerei actividades que podedes facer cos nenos/as na casa coas que afianzarán os aspectos anteriormente citados.