APRENDEMOS XOGANDO

Durante o primeiro reto do curso, investigamos xunto coa nosa mascota, Roto, sobre as partes do corpo, os hábitos saudables, a importancia da hixiene... Rematamos este reto facendo un pequeno repaso sobre todo o que descubrimos e xogando un pouquiño. Aqui tedes algunhas fotos...aínda que fixemos moitas máis cousas!


Estampamos fruta con pintura de dedos...










Fixemos un mural moi grande con témperas e pintura de dedos no que experimentamos coa mezcla de cores...









E sobre todo....pasámolo xenial!






Agora comezamos o segundo reto do curso... Qué emocionante!!! Pero antes.... a festexar o SAMAÍN....




CONVIVIR, APRENDER E DIVERTIRNOS

Hoxe foi un día especial no cole. Con motivo do Samaín realizamos un taller especial no que compartimos experiencias e saberes cos nosos compañeiros de primaria. A aula de 5º de educación infantil conviviu cos nenos/as e a mestra de 5º de educación primaria. En este taller realizamos diferentes actividades e, sobre todo, a diversión estivo presente en cada momento. Os nenos repartíronse entre o pavillón cuberto e a aula de 4 anos, pero todos realizaron as mesmas actividades por turnos. Aqui vos deixo a reportaxe fotográfica, espero que vos guste!


Na aula practicamos con témperas, facendo monstruiños de distintas cores:













No patio, realizamos un mural con follas de árbores...mirade que ben nos quedou! Aínda non o rematamos pero dentro de pouco poderedes velo decorando o patio do cole!












Unha aperta para todos!




VOLTAMOS AO COLE!!!

Os nenos/as de 4 anos voveron ao cole con moitas ganas, historias por contar e ganas de aprender os novos retos que nos propón este curso. Os primeiros días adaptámonos un pouquiño ás rutinas e decoraron o mandilón que, a profe Iria, ten a grande satisfacción de poder poñer... Aqui vos deixo un par de fotografías...








Ademáis, pouco despois de comezar, xa puidemos desfrutar das grandes festas do San Froilán...motivo polo cal decoramos uns fermosos polbos que agardo que vos gustaran:







Feliz semana!



POLBIÑOS DE SAN FROILÁN

Os nenos e nenas de EI 5 anos pintaron,recortaron e pegaron distintos materiais para elaborar un polbo que levaron para as súas casas.A gardo que vos gustara.












PEQUENOS-GRANDES INVESTIGADORES

Os nenos e nenas de EI 5 anos teñen un reto : COÑECER BEN A SÚA CIDADE .

Para isto prepáranse con lentes, lupa e unha fermosa " pajarita " ; todo creado por eles mesmos coa ilusión de convertirse en investigadores para rebuscar todo o que a nosa cidade pode enconder.