CONVIVIR, APRENDER E DIVERTIRNOS

Hoxe foi un día especial no cole. Con motivo do Samaín realizamos un taller especial no que compartimos experiencias e saberes cos nosos compañeiros de primaria. A aula de 5º de educación infantil conviviu cos nenos/as e a mestra de 5º de educación primaria. En este taller realizamos diferentes actividades e, sobre todo, a diversión estivo presente en cada momento. Os nenos repartíronse entre o pavillón cuberto e a aula de 4 anos, pero todos realizaron as mesmas actividades por turnos. Aqui vos deixo a reportaxe fotográfica, espero que vos guste!


Na aula practicamos con témperas, facendo monstruiños de distintas cores:













No patio, realizamos un mural con follas de árbores...mirade que ben nos quedou! Aínda non o rematamos pero dentro de pouco poderedes velo decorando o patio do cole!












Unha aperta para todos!