CONVIVIR, APRENDER E DIVERTIRNOS
Hoxe foi un día especial no cole. Con motivo do Samaín realizamos un taller especial no que compartimos experiencias e saberes cos nosos compañeiros de primaria. A aula de 5º de educación infantil conviviu cos nenos/as e a mestra de 5º de educación primaria. En este taller realizamos diferentes actividades e, sobre todo, a diversión estivo presente en cada momento. Os nenos repartíronse entre o pavillón cuberto e a aula de 4 anos, pero todos realizaron as mesmas actividades por turnos. Aqui vos deixo a reportaxe fotográfica, espero que vos guste!
Na aula practicamos con témperas, facendo monstruiños de distintas cores:
No patio, realizamos un mural con follas de árbores...mirade que ben nos quedou! Aínda non o rematamos pero dentro de pouco poderedes velo decorando o patio do cole!
Unha aperta para todos!
VOLTAMOS AO COLE!!!
Os nenos/as de 4 anos voveron ao cole con moitas ganas, historias por contar e ganas de aprender os novos retos que nos propón este curso. Os primeiros días adaptámonos un pouquiño ás rutinas e decoraron o mandilón que, a profe Iria, ten a grande satisfacción de poder poñer... Aqui vos deixo un par de fotografías...
Ademáis, pouco despois de comezar, xa puidemos desfrutar das grandes festas do San Froilán...motivo polo cal decoramos uns fermosos polbos que agardo que vos gustaran:
Feliz semana!
POLBIÑOS DE SAN FROILÁN
Os nenos e nenas de EI 5 anos pintaron,recortaron e pegaron distintos materiais para elaborar un polbo que levaron para as súas casas.A gardo que vos gustara.
PEQUENOS-GRANDES INVESTIGADORES
Os nenos e nenas de EI 5 anos teñen un reto : COÑECER BEN A SÚA CIDADE .
Para isto prepáranse con lentes, lupa e unha fermosa " pajarita " ; todo creado por eles mesmos coa ilusión de convertirse en investigadores para rebuscar todo o que a nosa cidade pode enconder.
Para isto prepáranse con lentes, lupa e unha fermosa " pajarita " ; todo creado por eles mesmos coa ilusión de convertirse en investigadores para rebuscar todo o que a nosa cidade pode enconder.
BENVIDOS AO CURSO 2017-18
Para dar a benvida a un novo curso, no que seguro compartiremos moi bos momentos, quero ensinarvos unha obra de arte creada polos nenos e nenas de EI 5 anos e que eu, como profe,
levarei posta con moita ilusión ao longo deste curso.
¡¡¡¡ GRAZAS A TOD@S !!!!
levarei posta con moita ilusión ao longo deste curso.
Efectivamente é unha bata nova ,exclusiva e de diseño único, pintada con moita ilusión.
¡¡¡¡AGARDO QUE VOS GUSTE!!!!
¡¡¡¡ GRAZAS A TOD@S !!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














