Foi unha actividade moi amena na que participaron os nenos /as. Ademais de pasalo ben, aprenderon cousas novas sobre a reciclaxe e lembraron outras que xa sabían.
3ª FESTA DE ANIVERSARIOS NA AULA DE 5 ANOS
Helena, Aurelio, Ángela, Jeray, Enma, Ana, Brayan e Aynara celebraron os seus cumpreanos na aula con tódolos compañeiros e compañeiras . Convidáronnos a tarta, aperitivos...e houbo agasallos para todos. ¡MOITAS GRAZAS!
¡PARABÉNS A TODOS/AS!
¡PARABÉNS A TODOS/AS!
VISITA DUN CONTACONTOS
Os nenos e nenas de 5 anos, xunto cos nosos compañeiros de 3 e 4 anos, asistimos a unha representación do conto: "o cociñeiro Martiño". Participaron na representación e pasárono xenial.
A FESTA DOS MAIOS
Na aula falamos sobre esta festa de orixen celta, a que provocou moita curiosidade nos nenos e nenas.
Fixemos no cole un maio, no que participaron os nenos e nenas de infantil e primaria. Na aula de 5 anos colaboramos pintando con pintura de dedo unhas bolas , simulando limóns e laranxas. Logo levamos o maio para o horto do cole, alí, con motivo das letras galegas e das festas do noso barrio, recitamos a cantiga dos maios.
DIA DA NAI NA AULA DE 5 ANOS
Para celebrar este dia, fixemos, con moito cariño, un agasallo cunha dedicatoria para as mamás.
¡PARABÉNS A TODAS!
¡PARABÉNS A TODAS!
2ª FESTA DE ANIVERSARIO NA AULA DE 5 ANOS
Vera, Ilyass, Irune, Laura, Lucas, Hernán, Youssef e Gabriel celebraron os seus cumpreanos, convidándonos a uns aperitivos, zumes e tarta. Déronnos uns agasallos e nós a eles fixémoslles uns debuxos.
¡MOITAS GRAZAS!
¡PARABÉNS A TODOS E TODAS!
¡MOITAS GRAZAS!
¡PARABÉNS A TODOS E TODAS!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







