CHEGOU O NADAL!

-  Decoramos a clase















-  Colgador para os Reis Magos: colorearon con rotuladores de purpurina para levar para a casa e poñer na porta da súa habitación a noite de Reis.











- Tarxeta de Felicitación de Nadal: fixémola recortando papel de agasallo e papel charol con tesoira;  utilizamos discos desmaquilladores para facer as casas. Tamén debuxamos a paisaxe.












O resultado...espectacular!


DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Falamos sobre o significado da violencia de xénero e fixemos unhas pulseiras para manifestar que estamos en contra de todo tipo de violencia.






INDÓMITAS

 Viaxamos á Sede "A Fundación", en Lugo, para coñecer o traballo de mulleres valentes, abrindo camiños nada fáciles a partir das súas diferentes profesións.