CARREIRA SOLIDARIA DO COLEXIO. MEMORIAL PROFE ALBERTO

 Un ano mais celebramos a carreira solidaria que foi todo un éxito. Todos xuntos colaboramos por unha boa causa.







Os nenos/as participantes recibiron agasallos, entre eles, unha medalla coa que estaban moi ledos.




MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

PELÍCULA " VALENTINA"

 Os nenos/as de educación infantil asistiron ao Auditorio de Fingoi para ver a película "Valentina". Está protagonizada por unha nena con síndrome de down que quere ser trapecista pero pensa que non chegará a conseguilo por ter este síndrome. Unha viaxe máxica descubrirá todo o que é capaz. Con esta película aprendemos que nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender e inculca valores de respeto pola diversidade e a inclusión.












CONTACONTOS NO COLE

 Disfrutamos cunha actividade de fomento da lectura porque nos visitou Benxamín, un contacontos moi divertido no que participaron os nenos/as. Logo , agasallounos coas caricaturas dos personaxes do conto para que coloreáramos na aula. Gustounos moito.















MOITAS GRAZAS!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano estivo adicado a Florencio Delgado. Aprendemos algo sobre este escritor galego e pintamos a súa caricatura.


















DÍA DA FAMILIA

 Neste día tan importante, quixemos agasallar ás nosas familias por ser o pilar fundamental nas nosas vidas. Fixémolo con moito cariño e esperamos que vos guste.


























PARABÉNS FAMILIAS!