É un xogo creado para coñecer espazos da nosa cidade en busca de portas que están pegadas en muros. A iniciativa está colgada en facebook e instagram. Con unha simple búsqueda da palabra, pódese ver en que consiste o xogo e as distintas portas que foron colocadas en prazas, rúas e incluso edificios de Lugo. Todo o noso colexio participou no xogo decorando, cada neno/a, unha porta que representa ao noso colexio.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8 de marzo celebramos o día internacional da muller vendo un video e conversando sobre a importancia deste día e das mulleres máis importantes da nosa vida. Logo, cada neno/a debuxou a muller máis importante da súa vida.
CELEBRAMOS O ENTROIDO
Este ano, a cada curso tocoulle representar unha peli e , na nosa aula, como estábamos traballando o reto de Exipto, representamos " o príncipe de Exipto". Disfrazámonos de faraóns e princesas exipcias. Foi moi interesante e motivador porque os nenos e nenas participaron moito na confección dos disfraces.
- Pintaron os Nemes
- Decoraron o colar, chamado usej
- Modelaron bolas de plastilina para facer as pedras do ang, o amuleto. Logo barnizárono con cola branca para fixar mellor as boliñas .
E...así quedou o noso traballo
Para rematar, desfilamos saíndo do cole á praza Agro do Rolo , onde nos agardaban os nosos compañeiros de infantil e primaria.
PASÁMOLO XENIAL!
Na aula tamén decoramos unha máscara de lince ibérico






























































