Iago, Martín, Miguel, Samuel, Gael, Cloe, Joel, Antía, Diego e Adrián celebraron os seus aniversarios cunha festa na que o pasamos moi ben.
¡PARABÉNS A TODOS!
DÍA DA PAZ
Aprendemos e cantamos ,collidos das mans, cancións sobre a paz. Tamén pintamos con pintura de dedo unhas pombas para celebrar este día.
FESTA DE NADAL
O derradeiro día tamén fixemos unha festa cos nosos compañeiros/as de 3 e 4 anos, degustamos productos típicos destas datas (turróns, polvoróns...), bailamos, cantamos panxoliñas e pasámolo "en grande".
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Os nenos e nenas fixeron unhas preciosas postais para participar nun concurso. Papá Noel foi o encargado de dar un agasallo a cada un dos gañadores.
¡NORABOA AOS GAÑADORES E A TODOS OS PARTICIPANTES!
O BELÉN DO COLEXIO
Este ano fixemos un nacemento con material de refugallo, no que participaron todos os alumnos. Aos nenos e nenas de 5 anos tocounos crear uns pingüíns.
¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
SORPRESA NA AULA!
O derradeiro día de colexio atopamos, na clase, os nosos calcetíns cun agasallo dentro.
¡MOITAS GRAZAS!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)